Feminismos
Von Castro, Olga, Reimóndez, María
Herausgegeben von Edicións Xerais
Galician
2013
ISBN 9788499145235
eBook
Verfügbar in 0 Buchhandlungen
Noch in keinem Shop verfügbar.
Über dieses Buch
Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga Unión Soviética, China, India ou África subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos». Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».
Kategorien
- Sprache
- Galician
Teilen
Das könnte dir auch gefallen
Obra negra
Arango, Gonzalo
La abundancia
Dillard, Annie
Patos en el río de madera
Aristimuño Peraza, José María
Apollo 11 Goodwill Messages
NASA
The Teacher
Palmer, Alice Freeman, Palmer, George Herbert
The Coverley Papers, From 'The Spectator'
Addison, Joseph, Budgell, Eustace, Steele, Richard, Sir