Zum Hauptinhalt springen
Os comedores de patacas
Os comedores de patacas

Os comedores de patacas

By Rivas, Manuel

Published by Edicións Xerais

Year 2021 Language GL
EPUB
Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da novela é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Rivas, móvese a cabalo entre dous espazos, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que preside o cotián deste adolescente galego. O paro, o walkman, o teléfono, o rap, os colegas, o contacto co sexo, o ruído dos tractores, o poder da amizade, as ensoñacións do protagonista, un accidente de coche, a incomunicación, ese Algo que Sam se mete, o reencontro coa aldea, a avoa... constitúen os referentes vitais dun protagonista rebelde e entrañable, que camiña pola vida empuxado polo optimismo. O Manuel Rivas de «Os comedores de patacas» é un escritor limpo, que tece a súa narrativa desde a sinxeleza, o humor e unha inesgotable capacidade para contar con axilidade, con ritmo e con precisión.

Genres

Where to buy

Not yet available in any store.

ISBN
9788491211679
Language code
gl
Share