As cousas que non queremos oír
Pubblicato da Edicións Xerais
Galician
2017
ISBN 9788491212881
eBook
Disponibile in 0 librerie
Non ancora disponibile in nessun negozio.
Informazioni su questo libro
A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado. "As cousas que non queremos oír" explora o alleamento, os límites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer. Nesta nova entrega do "Ciclo dos elementos", Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de "En vías de extinción", "A música dos seres vivos" e "Dende o conflito", "As cousas que non queremos oír" transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.
Categorie
- Lingua
- Galician
Condividi
Potrebbe piacerti anche
Die stolze Braut des Lairds
Mason, Connie
Bleib heute Nacht bei mir
Wallon, Isabelle
Die Farben von Safran und Minze
Mehran, Marsha
Die Geschichtenerzählerin & Die Glückssuchenden & Der Weltenträumer
Beckerhoff, Florian
Winterquartier - Literatur-Quickie
Gercke, Doris
Das Denkmal der Läuferin - Literatur-Quickie
Draesner, Ulrike