Vai al contenuto principale
O baile dos estorniños
O baile dos estorniños

O baile dos estorniños

By Quiroga, Xabier

Published by Edicións Xerais

Year 2021 Language GL
EPUB
Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos tráxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciará unha investigación na que, en principio, non cre. Concibida como remate da Triloxía da Ribeira Sacra, «O baile dos estorniños» fusiona de xeito maxistral unha investigación actual, a cargo do escritor e mais dun personaxe con alma de detective, o Reina, cunha escura e sorprendente trama do pasado. Nela mestúrase con poderoso trazo a decadencia dunha familia fidalga (e a vida de criados, labregos e veciños que traballan arredor do pazo no que mora) coa persecución das partidas de fuxidos do sur de Lugo, o roubo de bebés e a represión do franquismo durante a Guerra Civil e a posguerra. Logo de varios anos de silencio, reaparece Xabier Quiroga na narrativa galega. Faino para, combinando realidade e ficción e apoiado nunha lingua vizosa de seu, mergullarnos no espazo épico da Ribeira Sacra (centrado esta vez no pazo de Tor, e co lugar de Albaredo, o mosteiro das Bernardas e o pantano de Bouzuás como elementos destacados) e ofrecernos unha historia dura e cativadora na cal ninguén é quen cre ser e case nada do que nos contaron coincide exactamente coa realidade.

Genres

Where to buy

Not yet available in any store.

ISBN
9788491219170
Language code
gl
Share