Przejdź do głównej treści
ebooksdepository
Sei cantar e sei bailar
Sei cantar e sei bailar

Sei cantar e sei bailar

By Mejuto, Eva

Published by Edicións Xerais

Year 2025 Language GL
EPUB
Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar. Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa Casás e bailaremos con Eva Castiñeiras para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía e cultura ao longo dos séculos. Elas todas son as homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. O álbum, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Lucía Cobo, conta cun apéndice informativo e cunha web para achegarlle á rapazada, e traballar na aula, un petisco do amplo universo da poesía e da música tradicional galega: a de onte e a de hoxe.

Genres

Where to buy

Not yet available in any store.

ISBN
9788411106245
Language code
gl
Share