A viaxe de meu pai
Publicado por Edicións Xerais
Gallego
2024
ISBN 9788411105088
eBook
Comprar en Sanborns Ebooks
🇲🇽
Disponible en 1 librerías
¿No encuentras tu librería aquí? Abre tu librería
Sobre este libro
Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención. Doutra banda, o libro non é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas... Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica, contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a Guerra Civil española.
Disponibilidad
A viaxe de meu pai está disponible como EPUB en 1 librería online.
Categorías
- Idioma
- Gallego
Compartir
Preguntas frecuentes
- ¿En qué formatos está disponible A viaxe de meu pai?
- A viaxe de meu pai está disponible como EPUB en 1 librería online.
- ¿Dónde puedo comprar A viaxe de meu pai?
- Puedes comprar A viaxe de meu pai en Sanborns Ebooks. Compara todas las opciones en la lista de esta página.
Valoraciones y reseñas
Aún no hay valoraciones. Sé el primero en reseñar este libro.
Acceder para valorar y reseñar este libro.