Ten o seu punto a fresca rosa
Publicado por Edicións Xerais
Gallego
2013
ISBN 9788499146157
eBook
Comprar en Sanborns Ebooks
🇲🇽
Disponible en 1 librerías
¿No encuentras tu librería aquí? Abre tu librería
Sobre este libro
En Ten o seu punto a fresca rosa, María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecéndonos unha obra dunha narratividade trepidante que se le dunha sentada. Novela divertida e desconcertante está construída como un grande friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan sabiamente a historia de tres mulleres: Lucía Castro, Charo Santoro e Petra Seixo. Historia das súas vidas e das súas familias, das súas orixes, que viven entrelazadas polo amor e pola morte. As tres protagonistas da novela Lucía, Charo e Petra son tres persoas de diferente clase social, de diferente adscrición urbana, de diferente formación, mesmo de diferente opción sexual, unidas pola figura de María, a adolescente desgraciada. Son tres personaxes complexos, verosímiles, cheos de contradiccións, sobre os que unha narradora omnisciente non se deixa levar nin pola complaciencia, nin o sentimentalismo. Ten o seu punto a fresca, título tirado dun verso de Eduardo Pondal, non é só a historias destas tres mulleres que se entrecruzan por medio dun ser humano concibido por fecundación in vitro. Esta é unha novela na que se cuestiona o amor, por riba da opción sexual elixida por cada persoa, concibido como obxectalización, que leva á catástrofe, os trastornos que arrasan a vida das persoas, pola asunción da privacidade como territorio exclusivo das mulleres, pola pérdida da súa identidade. Ten o seu punto a fresca rosa é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén, cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxenética, os problemas do internamento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revolucionarios do Vigo dos setenta e o papel dalgúns párrocos, nin a formación do movemento feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa democracia.
Disponibilidad
Ten o seu punto a fresca rosa está disponible como EPUB en 1 librería online.
Categorías
- Idioma
- Gallego
Compartir
Preguntas frecuentes
- ¿En qué formatos está disponible Ten o seu punto a fresca rosa?
- Ten o seu punto a fresca rosa está disponible como EPUB en 1 librería online.
- ¿Dónde puedo comprar Ten o seu punto a fresca rosa?
- Puedes comprar Ten o seu punto a fresca rosa en Sanborns Ebooks. Compara todas las opciones en la lista de esta página.
Valoraciones y reseñas
Aún no hay valoraciones. Sé el primero en reseñar este libro.
Acceder para valorar y reseñar este libro.